Top

A cor do cambio

A cor do cambio

Na chegada do outono, as follas das árbores caducifolias comezan a perder a súa cor verde. A clave está na clorofila. Este pigmento descomponse xa que no outono hai menos horas de luz e a temperatura descende. Entón, os carotenoides e antocianinas fan a súa aparición. E é aí cando podemos apreciar as tonalidades amarelas, avermelladas, alaranxadas…
A foto está tomada no Courel, nun “souto”, plantación de castiñeiros.