Top

O CORAZÓN

O CORAZÓN

A xente ve o corazón coma se fose un simple garabato vermello que se fai ao debuxar, cando en realidade é un órgano vital sen o cal non poderiamos vivir. A xente pensa que o corazón ten “dentro” o amor, o cariño e todos os sentimentos bos que poden existir cando en realidade bombea o sangue para que chegue a todo o corpo. Ese sangue pasa polas aurículas e os ventrículos. Sen o corazón non poderiamos vivir porque non é un simple “tres deitado cun pico <3” é máis que iso; é o órgano que fai que vivamos, que aínda que a xente non teña ganas de seguir vivindo, loita por nós facendo chegar o sangue a todo o noso corpo para seguir vivindo.