Top

O Corazón humano

O Corazón humano

Este debuxo é un traballo realizado por Andrea Figueiras Blanco, alumna do IES Aller Ulloa de Lalín para a materia de Bioloxía de 3º de ESO. Representa a anatomía externa do corazón humano cos vasos sanguíneos: arteria aorta e pulmonar, veas cavas e pulmonares que entran e saen del, e as súas correspondentes válvulas auriculoventriculares e semilunares. Está realizado en papel cebola con lapis de cores. Foi feito como tarefa para casa cando estudamos o aparato circulatorio humano.