Top

O futuro será dos Robots

O futuro será dos Robots

A intelixencia humana non é rebordante, demóstrano as continuas guerras e conflitos.
Os humanos crearon aos robots “á súa imaxe e semellanza” para que lles axuden nos seus quefaceres pero é complicado conseguir o que a evolución logrou en trillóns de anos. Só crear o ser humano levou millóns de anos, dende que se separou do chimpancé.
Os robots poden participar en diversas tarefas, como ser mascotas, coidar enfermos, pero tamén se converterán en competidores polos traballos e ata poderían convivir connosco.
Pero substituír a mentalidade humana será posible?
Na ilustración, un can “robot” que nun futuro serán máis solicitados que os cans da natureza (Canis familiaris), debido a súa facilidade no que ao coidado se refire.
Dicía Ada Lovelace (primeira programadora): “A máquina analítica non ten en absoluto pretensión ningunha de orixinar nada”. Pero ambas mentes, humana e artificial, son esencialmente distintas e é da súa colaboración de onde debe xurdir a próxima grande evolución (Walter Isaacson).