Top

O gato

O gato

.Os gatos dende tempos inmemoriais foron sempre animais de compañía, mesmo, antigamente considerábanselles como deuses na época exipcia. Ao igual que os seus parentes salvaxes, os gatos domésticos son cazadores natos, capaces de axexar as súas presas e abalanzarse sobre elas coas súas poutas e dentes. Son particularmente eficaces de noite, cando os seus ollos reflectantes os dotan dunha visión moito máis nítida que a das súas vítimas. Tamén posúen un oído moi agudo. Ao igual que todos os felinos, son áxiles e rápidos e as súas longas colas axúdanlles a ter un extraordinario sentido do equilibrio. Hai ducias de razas, algunhas sen pelo ou mesmo sen cola, como resultado de mutacións xenéticas, e existen nunha ampla variedade de cores. Os gatos ven os humanos como a un substituto das súas nais, vivindo unha especie de prolongación durante a súa madureza da época na que son cachorros.