Top

A LINGUAXE DAS CÉLULAS

A LINGUAXE DAS CÉLULAS

As células que forman un tecido expresan algún dos 21 tipos de conexinas que se coñecen en humanos. As conexinas forman canais na membrana das células que permiten o contacto e comunicación directa entre células veciñas. Dependendo do tipo de conexina expresada fórmanse canais con diferentes propiedades o que permite regular que tipo de comunicación ou linguaxe se establece entre diferentes células. A imaxe corresponde a condrocitos en cultivo illados de cartilaxe de xeonllo de rato. Os núcleos detéctanse en azul (DAPI).  A cor vermella detecta a presenza de coláxeno tipo II, marcador característico de este tipo celular. Os puntos verdes amosan a presenza dos canais de conexina 43 (Cx43). Na imaxe pódense observar varias placas de canais de Cx43 entre dúas células en contacto.