Top

O MUNDO CON OUTROS OLLOS

O MUNDO CON OUTROS OLLOS

A visión é, nas aves en xeral e nas aves rapaces en particular, o sentido máis importante, sen o cal, dende un punto de vista da conservación, non son recuperables. A investigación en oftalmoloxía de aves é tan vasta como descoñecida e, polo tanto, unha das nosas metas é explorala. O grao de similitude entre a visión dunha ave de presa e un ser humano é incrible, estamos moito máis preto destes animais do que poderiamos esperar e ter o privilexio de traballar directamente con eles, impúlsanos a coñecelos mellor. Esta foto foi tomada a un Miñato real (Milvus milvus) na realización de exames oftalmolóxicos da presión intraocular co fin de establecer valores de referencia para a especie, que preceden un conxunto de traballos de investigación oftalmolóxica. O estudo das especies silvestres autóctonas é importante para mellorar os seus coidados veterinarios e polo tanto incrementar a nosa capacidade de recuperalos e reintroducilos na natureza. A conservación do noso patrimonio natural e a educación ambiental son piares fundamentais para a construción dunha sociedade con conciencia ambiental.