Top

O SEGUINTE, POR FAVOR

O SEGUINTE, POR FAVOR

Aquí estou eu, cumprindo co calendario de vacinas da miña comunidade. Nesta ocasión, tócame poñer a primeira dose do VPH, que só poñemos as nenas. Síntome afortunada por vivir nun país cun sistema sanitario que emprega métodos que nos permiten previr enfermidades que non hai tantos anos eran incurables.
Con todo, algúns países non dispoñen dunha partida económica suficiente para subvencionar as vacinas básicas ás que todos deberiamos ter acceso.
Pero aínda é máis grave o feito de que certos laboratorios de países do chamado “primeiro mundo” xoguen coa saúde dos cidadáns, non poñendo os medios para crear vacinas contra moitas enfermidades moi extendidas pero, á vez, graves. Isto sucede debido a que algunhas empresas de medicamentos perderían grandes beneficios económicos se non lles puidesen dar saída ás medicinas que eles mesmos fabrican.
Esta é unha pequena reflexión dunha nena de catorce anos que segue pensando que é a avaricia do mundo a que leva á cidadanía a estes límites. Mentres isto pasa pola miña cabeza, unha serie de microorganismos patóxenos debilitados do virus do papiloma humano penetra a través dunha punzante agulla no meu corpo para que, mediante a resposta primaria do sistema inmunitario, eu estea preparada ante unha posible enfermidade.
Ben… eu xa rematei. Agora: que pase o seguinte!