Top

EN CHAMAS

EN CHAMAS

Detéctanse os núcleos das células da cartilaxe articular en azul (DAPI). En verde móstrase a presenza dunha proteína chamada podoplanina que está altamente glicosilada e contén ácido siálico en posición alfa-2,3. A lectina MASL (vermello) únese ás proteínas glicosiladas en alfa-2,3 con ácido siálico, entre as que se inclúe a podoplanina (verde-amarelo). O incremento de glicosilación con ácido siálico en alfa-2,3 relacionouse con patoloxías reumáticas como a artrose ou a artrite reumatoide. A “chama” (vermello) simboliza o bloqueo destes sitios de glicosilación coa lectina MASL. O apantallamento destes receptores prevén a súa activación e podería ser de utilidade para o tratamento e prevención da artrose.