Top

Entre bateas

Entre bateas

Esta imaxe mostra unha paisaxe realizada en punta de Cabreira na illa de La Toja.
Móstrase un crepúsculo tras a posta de sol, que se produce porque a luz do sol ilumina as capas altas da atmosfera e se prodúcense cores avermelladas e violáceas xa que a luz percorre maiores distancias dentro da atmosfera.
Tamén podemos observar criadeiros de mexillóns e ostras denominadas bateas. As bateas son estruturas de madeira flotantes con cordas colgadas perpendicularmente que se afunden na auga e onde crecen os moluscos.
A imaxe mostra unha gran sombra na vexetación xa que non permite pasar a luz.
A pesar de estudar anatomía patolóxica sempre me gustaron moito as paisaxes e pasear ao lado do mar os días soleados.