Top

Escaleira de Escher

Escaleira de Escher

O artista Maurits C. Escher é coñecido polos seus debuxos de edificios, escaleiras e xeometrías imposibles que desafían os límites da percepción humana. Combinando as matemáticas e os efectos ópticos coa arte podía enganar ao ollo humano coas súas representacións.
A nivel microscópico é posible encontrar estruturas que posúen unha similitude coas súas representacións, como as observadas na imaxe. Estas estruturas amoreadas, que poderían asemellarse aos representacións de Escher, mostran a morfoloxía superficial dun cristal do composto semicondutor Cu(InGa)Se2 ou CIGSe obtido mediante crecemento Bridgman. O CIGSe cristaliza no sistema tetragonal e adoita formar facetas como as da imaxe. Debido ás súas boas propiedades ópticas e eléctricas estase a empregar na fabricación de células solares coa tecnoloxía de lámina delgada. O elevado coeficiente de absorción deste composto fai que o seu uso sexa moi eficiente xa que permite que unha lámina moi delgada, de entre 1-3 micrómetros, poida absorber a maior parte da luz solar, mentres que, en comparación, as células de silicio cristalino (c-Si, poli-Se) necesitan un espesor de centos de micrómetros para absorber a mesma cantidade de luz.