Top

Escualo saltando

Escualo saltando

Tras ser marcado na súa aleta dorsal cun transmisor tipo SPOT (Smart Position Only Tag), o exemplar de marraxo azul (Isurus oxyrinchus) da imaxe intenta zafarse del mediante espectaculares saltos en pleno océano Atlántico norte. A operación durou uns pouco minutos nos cales, esta quenlla macho de 180 cm, estivo colgada pola borda dunha embarcación pesqueira para que fose posible a instalación do pequeno transmisor no centro da súa aleta. Unha vez liberado, e grazas á constelación de satélites ARGOS, poderemos coñecer os desprazamentos en tempo real do escualo ata que a batería o permita. Deste xeito, o noso equipo logrou marcar nos últimos anos decenas de quenllas desta especie (pertencente á mesma familia que a quenlla branca), con cuxos datos de desprazamento e mergullo poderanse deseñar programas de xestión e conservación das quenllas que son obxecto dunha forte presión pesqueira no Atlántico.