Top

Esferas Xeadas

Esferas Xeadas

Cando a auga da chuvia cae e molla os vexetais, na superficie das súas follas e grazas ás ceras impermeabilizantes que posúen as paredes vexetais de cada unha das células que as forman, pódense apreciar pequenas gotas de auga que quedan sobre eles. Desta forma, ao anoitecer e descender a temperatura por debaixo dos cero graos, estas gotas solidifícanse transformándose en xeo, adoptando esta forma esférica practicamente perfecta porque esta figura xeométrica é a que lle permite gastar unha menor enerxía, xa que o consegue ocupando un maior volume cunha superficie mínima.
Deste xeito, a natureza mostra a súa faceta máis artística deseñando estas esferas co elemento máis esencial da vida: a auga.