Top

AGARDANDO O AMENCER

AGARDANDO O AMENCER

Coa primeira luz do día as gotas de orballo móvense libremente impregnado o campo de auga e nutrientes que serven de alimentos ás inflorescencias que están a esperar os primeiros raios de sol para mostrar o seu esplendor. A realidade é diferente se trata de fungos diagnosticados nos servizos de microbioloxía, que producen lesións na pel, pelo e uñas habitualmente. Trátase do crecemento de fungos nun cultivo realizado en placas de ágar Saboureaud que corresponde ao xénero Aspergillus niger e Aspergillus fumigatus, fungos moi ubicuos, que se desenvolve en fermentos, hifas e filamentos. O seu nome provén do latín Aspergillum denominado por un biólogo italiano no século XVIII xa que este vocábulo se refería a un instrumento que servía para dispersar auga bendita nas igrexas e que se asemellaba moito visto ao microscopio.

A infección e/ou enfermidade no home non adoita ser moi grave salvo en pacientes inmunodeprimidos onde pode chegar a invadir órganos importantes como pulmóns etc.