Top

Estado gasoso

Estado gasoso

Esta fotografía trata da néboa, ese é o título, é a auga en estado de vapor que se condensa en diminutas gotas polas baixas temperaturas a rentes de chan. Aparecen dous farois acendidos con forma triangular, onde se pode ver a néboa perfectamente, claro, é de noite…
Esta fotografía ocorréuseme por un tema de Ciencias da Natureza, os estados da materia.
A foto fíxena dende o balcón da miña casa. Na foto pódense ver dous farois acendidos e a humidade do tempo, facía moito frío.
O tempo da fotografía é abundante no meu pobo e na miña bisbarra, ás veces podemos tocar a néboa do baixa que está.
A foto está feita na rúa de El Torno de Binéfar, Huesca.