Top

Formen filas!!

Formen filas!!

O peixe cebra (Danio rerio) é un dos modelos animais máis usados en ciencia. Parte do meu proxecto de investigación está adicado á xeración de modelos moleculares que se asemellen a trastornos xenéticos causantes de enfermidades en humanos. Esta fotografía, feita mediante microscopía confocal, amosa en verde a proteína EGFP, introducida xeneticamente no xenoma desta liña de peixes cebra para ser expresada en tódolos conos da retina, e en vermello a fluorescencia debida a un experimento de hibridación in situ para demostra-lo tipo celular onde ese xene (gnat2) é expresado. A identificación do patrón de expresión de cada xene é un primeiro obrigatorio antes da análise da súa funcionalidade.