Top

“Fuga de eppendorfs”

“Fuga de eppendorfs”

A imaxe mostra resultados da técnica de bioloxía molecular PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa) do microorganismo Salmonella spp. Resulta incrible ver como esta sinxela técnica, máis coñecida pola xente de a pé a raíz da “crise do ebola”, é capaz de duplicar un número ilimitado de veces un fragmento de ADN nun tubo de ensaio (comunmente denominado eppendorf) e xerar millóns de moléculas idénticas nunhas horas. Non obstante, resulta aínda máis incrible ver como se abriu a porta da ciencia deste país de par en par provocando unha incesante “fuga de eppendorfs” sen parecer importarlle moito máis alá do que ten que partir en busca de algo mellor.
Ao ensinarlle as fotografías á miña irmá sen intención de espertarlle a mínima curiosidade sobre a súa orixe, dixo: “Mola! Que é?”, e aí é cando comprendín que o único xeito de volver pechar estes eppendorfs é que a ciencia e a arte viaxen da man para achegar a investigación a unha maior parte da sociedade, e aprender que investir en ciencia é futuro.