Top

Gota bailarina

Gota bailarina

Da observación da estrutura da folla da flor loto na escala nanométrica e da recente capacidade para manipular nesa mesma escala xorden os materiais superhidrofóbos, absolutamente repelentes da auga. Esta propiedade proporciona inmensas posibilidades tecnolóxicas: materiais auto-limpiables, inhibidores da biocorrosión, recubrimentos contra a incrustación mariña, e sistemas anti-adhesión de xeo. A imaxe ilustra un novo material composto multifuncional que combina unha elevada repelencia á auga cunha luminiscencia de grande intensidade. Neste traballo usouse un papel convencional de celulosa, polifluoreno e nanopartículas de sílice sintetizados e modificados no noso laboratorio. O resultado foi un material flexible, altamente fluorescente e cunha superficie rugosa nanoestructurada que presenta ángulos de contacto da auga superiores a 160º e ángulos de desprazamento de gota de 0º. Estes novos materiais constitúen a base da electrónica altamente hidrófoba, aínda por vir. O seu emprego en células fotovoltaicas aumentaría o tempo de vida dos actuais sistemas sen influír nas propiedades electrónicas.