Top

GRÁNULOS AMIDONADOS

GRÁNULOS AMIDONADOS

Na industria farmacéutica, un dos principais candidatos para o seu uso como excipiente, é o amidón, estando a súa produción anual en torno aos 58 millóns de toneladas en todo o mundo. Normalmente extráese do millo, trigo ou da pataca, pero debido ao seu uso intensivo, hai unha busca continua para encontrar fontes alternativas de amidón. Os tubérculos de Dioscorea, procedentes do norte da India, mostráronse recentemente como unha fonte potencial deste polisacárido. No noso traballo de investigación estudamos o efecto do tratamento térmico do amidón procedente de Dioscorea xunto con alxinato sódico, co obxectivo de obter partículas que poidan dispensar fármacos de xeito eficiente. Tras o estudo de diferentes condicións experimentais, obtemos uns gránulos de amidón con alta eficacia para a liberación de fármacos de xeito controlado, os cales se poden apreciar na imaxe mediante microscopia electrónica de varrido.
Este descubrimento supón un grande avance para a mellora de procesos da industria farmacéutica, usando ademais fontes alternativas de amidón, co que o proceso se abarata considerablemente.