Top

Helio, o nobre

Helio, o nobre

O helio é un gas nobre e o segundo elemento da táboa periódica.
Todos vimos algunha vez un globo de helio, cando eramos pequenos encantábannos aínda que chorabamos cando nos escapaba e ascendía ata chegar ao teito sen que puidésemos collelo. Cando creciamos un pouco máis xa empezabamos a aspirar o helio porque nos gustaba como soaba a nosa voz os segundos despois de aspiralo, soaba moi parecida á dos pitufos. Pero nunca nos formulamos que máis usos ten o helio, por exemplo, moitos mergulladores úsano coa finalidade de respirar máis eficientemente en profundidades, aqueles científicos que necesitan somerxerse a unha gran profundidade ou persoas que só practican o mergullo.