Top

Follas caducadas

Follas caducadas

Nesta fotografía observamos un estanque con follas no fondo cuxa auga reflicte unha árbore que vemos que comezou a perder as súas follas. Tamén vemos reflectida a tablet coa que saquei a fotografía e vense máis claras as follas nesa zona.

A medida que comezan a descender as temperaturas, é dicir, cando empeza o outono, as árbores caducifolias ou deciduas perden as follas. Nesta estación as horas de luz redúcense, a radiación solar perde forza e algúns chans xéanse, dificultando a captación de auga e nutrientes dende as raíces. As follas son fábricas de comida para o resto da planta. Necesitan a enerxía solar para realizar a fotosíntese e isto é necesario para crecer e realizar as súas funcións vitais; se en outono e inverno non hai apenas luz solar para realizar este proceso, as follas non lles serven para nada. Por iso pide axuda ao vento para soltalas das súas ramas, desfaise delas deixándoas sen zume e clorofila. De aí que cambien da súa habitual cor verde a vermellos, amarelos e laranxas. Pasa a estar nun estado de baixa actividade ou repouso co fin de recuperar un día todo o seu esplendor.