Top

Investigación extrema

Investigación extrema

A Base Antártica Española Gabriel de Castilla é unha das dúas bases que ten España na rexión antártica. Está situada na illa Decepción (62°57’S, 60°38’W), no arquipélago das Shetland do Sur, fronte á Península Antártica.

A illa Decepción é un volcán activo e un dos dous únicos volcáns da Antártida. A súa curiosa forma en ferradura, cunha ampla caldeira inundada, fai que sexa un dos poucos lugares no mundo onde os buques poden navegar directamente no centro dun volcán en actividade. A temperatura na illa oscila entre os 11ºC e os -28ºC.

Esta fotografía tomouse no ano 2010 dende o interior do cráter de Decepción, no marco da campaña antártica COUPLING, a bordo do BIO Hespérides. Nela pódese apreciar a BAE Gabriel de Castilla respaldada polas inmensas abas volcánicas blanquinegras da illa Decepción. O obxectivo do proxecto era estudar como se transfire a enerxía do movemento da auga á comunidade planctónica do ecosistema mariño.

A pesar da seu afastamento e dureza climatolóxica, as rexións polares son parte integrante do sistema climático do planeta e un compoñente de vital importancia. Debido á diferenza entre o fluxo solar no ecuador e nos polos, estes últimos inxectan inmensas masas de auga e aire fríos na circulación dos océanos e os ventos, o que inflúe no clima do resto do planeta.