Top

Zebra-twins

Zebra-twins

O peixe cebra (Danio rerio) é un dos modelos animais máis usados en ciencia. Parte do meu proxecto de investigación está adicado á xeración de modelos moleculares que se asemellen a trastornos xenéticos en humanos causantes de enfermidades. Mais a xeración destes modelos ten “danos colaterais” como o que amosa a fotografía, onde un zigoto modificado xeneticamente para expresar unha proteína fluorescente na retina rematou desenvolvendo dúas cabezas.
Como curiosidade direi que o/os peixe/s chegou/chegaron a sobrevivir dez días.