Top

Investigando… ¿ADN?

Investigando… ¿ADN?

Quixen representar nesta foto o noso ADN con forma helicoidal, realizado manualmente con arame e usando plastilina como bases nitroxenadas.
O proceso de investigación do ADN, que quixen representar mediante o uso dunha lupa (a observación como base da investigación) permitiu un importante avance no mundo da ciencia e particularmente na bioloxía e a medicina, conseguindo descifrar cuestións ata entón imposibles, e o seu desenvolvemento permitiu mesmo investigar e curar enfermidades antes incurables.
A propia forma da molécula de ADN, a xeito de dobre hélice, proporciónalle propiedades físicas e químicas complexas, moitas delas aínda en proceso de investigación. O fondo da fotografía quere representar o espazo aínda aberto nese campo, pois non sabemos ata onde chegarán os científicos neste terreo.