Top

Illa Fúnxica

Illa Fúnxica

As illas volcánicas están presentes en todos os océanos e xorden en zonas onde converxen as placas tectónicas. Non obstante, na fotografía obsérvase un fungo crecendo nunha placa Petri con medio de cultivo. Os fungos son organismos eucariotas. A reprodución é sexual ou asexual, por xemación ou esporulación. Nos ecosistemas, cumpren a función de descompoñedores primarios, actuando sobre a materia morta, degradándoa e formando novos nutrientes que se incorporan ao chan permitindo o cultivo ou o desenvolvemento de especies vexetais. A súa forma de vida é, saprófita, parasítica ou simbiótica (asociados a outros organismos, como o lique). Ademais, teñen grande importancia xa que algúns producen antibióticos como a penicilina.