Top

A BELEZA DO CORZO

A BELEZA DO CORZO

Os corzos son animais ariscos e desconfiados que en contadas ocasións se conseguen ver no seu hábitat natural. Son moi abundantes nos vales galegos e os seus arredores e ao igual que os xabarís poden causar estragos debido a que en ocasións se perden e desorientan.
A xente considéraos como uns animaliños moi simpáticos debido a unha das súas características destacables; teñen un pequeno rabo de apenas uns centímetros cunha franxa branca. Outras características destacables son as súas ocasionais mudas, como as da pelaxe xa que en inverno cámbiana a unha cor máis agrisada, mentres que en primavera cámbiana por unha máis avermellada. Ademais, os machos, a principios de inverno cambian a súa cornamenta, unha razón pola que estes animais teñen uns cornos non demasiado grandes.
Nesta imaxe podemos ver a tremenda fermosura destes mamíferos tan singulares.