Top

A CIENCIA BUSCA A LUZ

A CIENCIA BUSCA A LUZ

Aos investigadores e aos seus equipos gustaríanos poder ir á velocidade da luz en canto a avances, pero a investigación é ás veces un camiño longo no que custa ver o final do traballo. No meu campo que é a Microbioloxía gustaríanos que en ocasións o crecemento en Placas de Petri fóra tan claro como na fotografía que realicei, na que figura que nos creceron feixes de luz nas nosas placas, esa luz que ás veces nos custa encontrar para chegar ao final das nosas investigacións.