Top

A CIENCIA ENTUSIASMA E DE QUÉ MANEIRA

A CIENCIA ENTUSIASMA E DE QUÉ MANEIRA

Coma se dunha clase de fitness, ou dun gift animado se tratase, este pequeno roedor queima e queima calorías acumuladas no Nadal pasado. Iso, ou alégrase moito de ver o seu “xefe”.
Este fotoxénico rato pasa a maior parte do seu tempo saltando unha e outra vez, un xeito axeitado de procesar a dieta alta en ácidos graxos que se lle proporciona. O que demostra que o exercicio é san, á vista está!
O entusiasmo dos investigadores pola ciencia leva mesmo a gravar situacións que “a priori” pasan inadvertidas, pero que poden dar información relevante acerca dos seus estudos.
Hai vida máis alá do laboratorio, pero sen dúbida tamén a hai dentro. Se che apaixona a ciencia únete a nós, non te arrepentirás!