Top

A fugacidade da luz

A fugacidade da luz

Todos os días, en todas as horas e en todos os minutos observamos algún dispositivo movido pola electricidade.

O caso é que non nos decatamos, pero en calquera foto que saquemos hoxe en día nos encontraremos coa nosa amiga a electricidade;  xa sexa retratada na foto, ou no interior da cámara que a realiza, pero, o caso é que nesta sociedade practicamente todo está movido pola electricidade. Esta converteuse en algo tan común e corrente nas nosas vidas que chegamos a non apreciala, pero no fondo a penas unha pequena parte da poboación mundial sería capaz de aguantar un ano enteiro sen electricidade.
Na imaxe, tomada en Madrid, móstrase en forma de luz que é recollida coa cámara grazas a aumentar o tempo de exposición.