Top

A TOLA DESPELUCHADA

A TOLA DESPELUCHADA

A tola despeluchada é un epibionte que foi descrito por primeira vez sobre o corpo de Paraeuchaeta hebes, un copépodo aterrador xa que coas súas gadañas dá caza e preda sobre diferentes compoñentes do zooplancto. Este epibionte bautizámolo co nome de Pelagacineta hebensis en honor ao basibionte onde foi encontrado e describiuse tanto morfolóxica coma molecularmente. Ata o momento do seu profundo estudo e descrición chamámolo “tola despeluchada” xa que os seus tentáculos xunto co seu corpiño esférico nos recordaba a unha cabeza cos pelos de punta! Este epibionte “sente debilidade” (especificidade) por esta especie de copépodo, de carácter batipeláxico (Paraeuchaeta hebes), e concretamente cara ás femias desta especie e máis concretamente polo gonadosoma (a súa estrutura reprodutora).