Top

A luz que non se ve

A luz que non se ve

A luz que non se ve

Na fotografía obsérvase un corte transversal dunha raíz de pemento de Padrón (Capsicum annuum) realizada baixo o Microscopio Confocal.
O tecido da raíz baixo a luz branca non ten ningún tipo de cor, é transparente. A imaxe que se ve non ten ningún tipo de tinguidura e as cores observadas débense á autofluorescencia do tecido ao ser excitado con tres tipos diferentes de láser. Cada láser incide sobre a mostra de raíz e esta devolve luz dunha cor diferente ao do láser producindo a denominada autofluorescencia. Na imaxe a cor vermella é emitida por microorganismos que crecen sobre a raíz. A luz azul é autofluorescencia das paredes celulares vexetais primarias e a luz verde é autofluorescencia das paredes celulares vexetais secundarias, un tipo de parede máis grosa.
Esta técnica permite observar tecido vivo intacto, sen necesidade de ser tinguido.