Top

A MÁIS FERMOSA DE TODAS AS FROITAS: NEGRA XOIA

A MÁIS FERMOSA DE TODAS AS FROITAS: NEGRA XOIA

A jabuticaba é unha froita nativa de Brasil, coñecida dende hai máis de 400 anos, é da familia Myrtaceae e do xénero Plinia. O nome jabuticaba é de orixe indíxena, chamada por estes IAPOTIKABA, que significa “froito en botón”. Foi o primeiro froito indíxena introducido nos hortos domésticos en Brasil. Esta froita é moi apreciada, ten sobre todo un sabor doce e un aroma agradable. A planta cultívase en hortos e xardíns, a árbore deleita a todos polos seus froitos e tamén por ter unha espléndida arquitectura coas súas ramas retorcidas, a cor da codia presenta varios tons, as súas follas son permanentes e cando son novos a cor vermella dá un maior protagonismo. Ademais, algúns estudos demostraron que esta froita ten diversas propiedades farmacolóxicas e antimicrobianas.