Top

A mente do científico

A mente do científico

A ciencia é o coñecemento racional, sistemático, contrastable e polo tanto falible, que consiste en aplicar a un obxecto o método científico, isto é, formulación e utilización dunha teoría-hipótese-contrastación e volta á teoría.

O científico observa a realidade, extrae datos dela e identifica problemas que non concordan cos coñecementos dunha época, formula hipótese, deseña experimentacións para poñer a proba e verificar as hipóteses ou pola contra, desbotalas motivadamente. Finalmente elabora teorías.

O meu debuxo é unha humilde representación do científico fronte ao noso planeta, describe a posición do home inmerso no coñecemento, a capacidade de esperar unha resposta xuntamente cunha continua busca dunha explicación e o rexeitamento de toda interpretación prematura. A ciencia tamén é un conxunto de actitudes e rexeita as súas propias autoridades cando as teorías asentadas se achan en conflito coas novas observacións. Os datos subsisten, os homes non.