Top

A VIDA EN 4D

A VIDA EN 4D

Todos sabemos como somos, como eramos de pequenos, etc. Pero… Como eramos antes de nacer? Bueno,pues moi fácil,tan só temos que ver as ecografías que fixeron ás nosas nai cando estabamos na barriga.
Ao longo dos anos, as ecografías foron avanzando cada vez máis e chegaron ata verse en 4D, como a que vedes no debuxo. Nas normais, vense os órganos do feto,pero vense planos e con baixa definición; non obstante, nas ecografías en 4D o feto obsérvase en relevo como unha persoa normal, nos permite visualizar con moito coidado os volumes que nos axudan a detectar malformacións; vese en tres planos, en tempo real e en movemento; grazas a iso pódense observar os xestos do bebé que nunca puidemos ver, como o sorriso. Ademais, os ultrasóns non producen ningún risco para a nai nin para o feto e tamén se poden facer as ecografías durante todo o embarazo.
Os avances tecnolóxicos, como neste caso, son moi importantes para a humanidade, sobre todo no ámbito da medicina. Grazas a iso, podemos mellorar a nosa calidade de vida, evitar enfermidades e mesmo a morte.