Top

Lagarta rabuda nova

Lagarta rabuda nova

Na imaxe pódese ver unha lagarta rabuda nova (Psammodromus algirus), un réptil pequeno que vive no noso país e é tipicamente mediterráneo, preferindo as matogueiras e terras de cultivo, onde pode encontrar con maior facilidade as súas presas, que son basicamente insectos (saltóns, grilos etc). Os réptiles son animais ectotermos, é dicir, que requiren de fontes externas de calor para manter a súa temperatura constante, por iso é doado velos polas mañás de verán tomando o sol nas estradas; na imaxe esta lagarta está a facer o mesmo.

Elixín este animal porque realizan un labor moi importante no control de moitos insectos que poderían chegar a ser prexudiciais para os cultivos, pero que como sempre non lle damos a suficiente importancia porque son moi pequenos e nos pasan desapercibidos. Ademais vense bastante afectados polo uso de insecticidas, que minguan a súa principal fonte de alimento e se acumulan as substancias tóxicas no seu organismo en cantidades considerables polo problema da bioacumulación.