Top

AS “NOVAS” ESTRELAS

AS “NOVAS” ESTRELAS

Contemplar o firmamento é unha das cousas máis bonitas e extraordinarias que se pode facer na natureza, pero nas grandes cidades, a causa da contaminación lumínica, isto resulta imposible.
A contaminación lumínica é luz desperdiciada e, polo tanto, é enerxía que se perde iluminando o ceo en lugar do chan ou os obxectos. Este fenómeno foi crecendo rapidamente nos últimos anos, ata converterse nun problema real e moi importante, producido polo aumento do consumo enerxético. Os seus impactos negativos son cada vez máis evidentes e afectan non só á paisaxe, senón que tamén a vida animal e a rutina das persoas se ve afectada polo exceso da luz nocturna. Este exceso de luz pode chegar a causar nas persoas insomnio, diabete, depresión, obesidade e redución da fertilidade.
A contaminación lumínica afecta a moitas partes do mundo; en áreas moi poboadas e industrializadas, este problema é un grande indicador da enerxía malgastada pola sociedade. A enorme cantidade de luces, o contraste e o resplandor durante a noite provocan unha grande iluminación causando que só poidamos observar no ceo as estrelas máis brillantes. Gran cantidade das persoas que viven nas zonas urbanas nunca viron a Vía Láctea, e o máis parecido ás estrelas que poden ver son os farois, como nesta imaxe.