Top

AS PLANTAS

AS PLANTAS

As plantas son os seres vivos máis importantes do planeta porque grazas á súa axuda serven de alimento para os animais herbívoros e transforman o dióxido de carbono da atmosfera en osíxeno que permite que haxa vida terrestre. Para que as plantas poidan realizar a fotosíntese necesitan luz solar, dióxido de carbono, auga e sales minerais. Grazas a este fenómeno, obteñen osíxeno. Necesitan unhas condicións ambientais estables para realizalo xa que en zonas onde as temperaturas son altas ou baixas non son posibles porque escasean a auga e a luz solar. Ademais, nesas zonas non hai moita presenza de seres vivos. Por exemplo, a planta da imaxe está nunhas condicións favorables porque aínda que nestes dias non haxa moita luz do sol , recibe auga e sales minerais con regularidade, polo que pode facer a fotosíntese. A fotosíntese tamén inflúe moito no proceso de intercambio de gases porque collen o dióxido de carbono e expulsan osíxeno á atmosfera. Este proceso realízase nos cloroplastos (parte da celula vexetal).
Debido a estes motivos, este proceso é importante para a existencia de vida na Terra.