Top

Lente para antenas

Lente para antenas

As antenas radian en todas direccións. O uso de lentes para antenas concentra gran parte desta radiación na dirección ou o punto desexados e reduce as emisións indesexadas. Estas lentes pódense construír con material plástico en impresoras de adición, coñecidas como impresoras 3D, dándolles a forma desexada. A radiación do conxunto antena e lente mídese nunha sala libre de ecos electromagnéticos, que leva o nome de Cámara Anecoica. Esta sala está formada por pirámides de diferentes tamaños que absorben a radiación electromagnética. Estas lentes aplícanse na reconstrución de imaxes ou na detección de pequenos defectos en materiais.