Top

Chama dun chisqueiro

Chama dun chisqueiro

O meu nome é Lúa de Santana, teño 14 anos e son estudante do colexio Sek Atlántico en Pontevedra.

Nesta fotografía podedes observar a actividade dun chisqueiro común dende que pulsamos o botón para prendelo ata que o soltamos para apagar a chama. Elixín basearme neste obxecto tan cotián xa que, como acabo de dicir, o usamos ou o vemos a diario.

Preguntarédesvos como fixen a imaxe. E en realidade é moi sinxelo. Soamente gravei un vídeo a cámara lenta e fixen capturas dos momentos que vía máis incribles ou difíciles de captar a simple vista polo ollo humano.

E por último, utilizando unha aplicación do teléfono móbil, fixen un collage agrupando todas as capturas.

Espero que vos guste!