Top

As cores da batimetría

As cores da batimetría

Os fondos mariños supuxeron un dos máis grandes misterios da humanidade.
Co paso dos anos, e polo tanto o avance tecnolóxico, creáronse novas e fascinantes técnicas para descubrir por fin, que se oculta baixo as grandes masas de auga.
Unha delas, a batimetría, indícanos a profundidade total do punto en que lancemos un sonar, que á súa vez emitirá unha onda de son. Desta forma, poderemos obter os nosos datos se calculamos o tempo que tarda en ir e volver o son, dende o fondo, ata o barco.
Pero, o máis impresionante sen dúbida, son as utilidades que presenta, xa que é unha ferramenta fundamental no estudo da suba do mar, provocada polo quentamento global; ou a súa axuda a profesionais na preparación da costa fronte a numerosos fenómenos.
Por iso, decidín basear a miña ilustración nesta batimetría, realizada na península de Tróia, Portugal. Grazas ás cores, imprescindibles na arte, son capaz de transformar simples liñas, nunha imaxe rechamante e comprensible, ao utilizar as cores frías nos lugares máis profundos. Así, coa axuda da escala situada á dereita, podemos interpretala de xeito máis sinxelo, achegando á poboación os segredos da Xeoloxía.