Top

Loita de Titans

Loita de Titans

Á vista dos actuais índices de crecemento poboacional debemos preguntarnos ata que punto dispoñemos de suficiente superficie de chan cultivable como para satisfacer as necesidades alimenticias da sociedade futura. O uso de compostos químicos como fertilizantes e pesticidas leva consigo un gran risco ambiental asociado (eutrofización, cotaminación). Polo tanto, é necesario fomentar a investigación con respecto a ferramentas de biocontrol, coas que conseguiremos aumentar a produción dos nosos cultivos (rizobacterias, micorrizas) e diminuír as enfermidades asociadas a eles (microorganismos atagonistas). Na fotografía pode observarse como o fungo beneficioso para as plantas Trichoderma harzianum é capaz de inhibir o crecemento do patóxeno Fusarium oxysporum, o cal coloniza os feixes vasculares das plantas bloqueándoos, chegando a causar a morte destas. Afondar no coñecemento de como Trichoderma é capaz de inhibir o crecemento de fungos patóxenos de cultivos polo proceso coñecido como antibiose ou liberación ao medio de diferentes compostos, nos axudará a utilizar máis eficientemente este fungo como axente de biocontrol, o cal tamén é capaz de parasitar a outros fungos patóxenos e promover o crecemento vexetal, entre outros beneficios.