Top

Macro Traza

Macro Traza

As trazas pertencen á mesma familia das bolboretas, ambas as dúas son insectos lepidópteros.

As trazas desenvólvense mediante metamorfose e han de pasar polas seguintes fases para completar o seu desenvolvemento: ovo, larva, casulo e adulto, que é o insecto que coñecemos como traza. Contrariamente ao que se pensa só a larva da traza é a que dana os tecidos.

As trazas macho son as máis atraídas pola luz. Coñécese que algunhas especies de trazas son migratorias viaxando a outras latitudes en canto cambian as estacións. Para este percorrido guíanse pola luz da lúa ao ser a maioría nocturnas, esta luz lunar fainos voar máis alto e isto permítelles evitar obstáculos e depredadores, así como aproveitar as correntes de aire.

É coñecido que as trazas definen a súa ruta pola posición da lúa e o campo magnético da terra, como a lúa está moi lonxe, é un bo punto de referencia para marcar o rumbo, é coma se internamente tivesen un compás.