Top

Maraña

Maraña

O termo “sentido electrónico” fai referencia á intención de reproducir os sentidos humanos mediante matrices de sensores e sistemas de recoñecemento de patróns. Así, os “narices electrónicos” baseados en sensores de gases de óxidos semicondutores son unha realidade industrial, e obxecto de múltiples investigacións en canto aos novos materiais e tecnoloxía de sensores, procesamento de datos, interpretación e validación dos resultados.
Trátase dunha técnica non destrutiva utilizada para caracterizar odorantes en diversas aplicacións relacionadas coa calidade de vida, tales como o control dos alimentos, a calidade do medio, a seguridade cidadá ou o diagnóstico clínico. As principais características destes sensores de gases (curto tempo de resposta e altas sensibilidade e selectividade) foron melloradas considerablemente reducindo o tamaño das partículas ata tamaños nanométricos.
Na fotografía obsérvanse nanofíos de óxido de estaño crecidos sobre nanopartículas de ouro en substrato de silicio monocristalino