Top

Matemática Aérea

Matemática Aérea

A foto está tomada o 31 de decembro de 2014 en torno ao mediodía solar (13:17 nos nosos reloxos) no Museo Parque das Ciencias de Granada.
Pódese ver un plano xeral do “Jardín de Astronomía” obtida dende un dos visores da torre do propio Parque, e nela está representada a evolución de diferentes instrumentos de observación nos que mediante o uso da trigonometría pódese obter de xeito sinxelo a altura do Sol.
Se dividimos a altura dos instrumentos entre a lonxitude das súas sombras o número obtido será a tanxente do ángulo co que vemos o Sol con respecto ao horizonte nese instante. O devandito ángulo poderémolo calcular directamente mediante a arcotanxente.
Esta sinxela aplicación das matemáticas permitiu contestar a preguntas relacionadas co movemento dos astros, a sucesión dos días e noites, o paso das estacións, e a evolución da ciencia da astronomía permitiunos avanzar no coñecemento da relación entre o noso planeta e o resto do universo.