Top

MATERIA PRIMA

MATERIA PRIMA

Os actuais ritmos de crecemento poboacional non son só un problema á hora de preguntarnos como alimentar á cada vez maior poboación mundial, senón que tamén debemos centrar a nosa atención en como vai sobrevivir a nosa sociedade enerxeticamente, xa que o noso modelo enerxético está baseado na utilización de combustibles fósiles. O estudo de novas formas de obtención de enerxía é un campo de investigación na actualidade, e dentro deste, a utilización de biocombustibles como o biodiésel para substituír os actuais fueles non renovables. O biodiésel obtense a partir de graxas de organismos vivos. Un caso interesante é o da utilización das sementes oleaxinosas de colza polo seu alto contido lipídico para a obtención de biodiésel. Polo tanto, intentar facer que este cultivo sexa máis produtivo ou máis resistente a pragas e enfermidades é unha liña de investigación que ofrece grandes esperanzas para a sociedade. Na fotografía poden observarse sementes de colza recén extraidas da sílicua.