Top

Materiais e Métodos

Materiais e Métodos

Unha foto para tres momentos. Como nun cómic as tres viñetas tomadas mediante fotografía analóxica instantánea que compoñen a imaxe, mostran diferentes escenas rutineiras nun laboratorio. Na primeira, unha placa de cultivo e un chisqueiro cóntannos a historia dunha clonaxe bacteriana, levados a cabo para obter de xeito rápido copias de DNA procedente de organismos como plantas. Na segunda unha ferramenta básica, a centrífuga, fainos pensar no día a día dun laboratorio, voltas e voltas levan ao científico a desenvolver ideas escritas sobre un papel. Finalmente, a terceira viñeta mostra unha cámara de xerminación, onde crecen baixo condicións controladas plantas modificadas para fins médicos, alimentarios ou ambientais.