Top

Motivación

Motivación

Hai certas áreas do cerebro relacionadas coa atención, pero non hai unha área específica para ela, actívanse zonas do cerebro que están relacionadas con funcións diversas.
En estudos neuroanatómicos constatouse a relación entre atención e motivación e, cabe destacar que cando se realizaban estudos atencionais formulando unha mesma tarefa a individuos, primeiro escasamente motivados e logo provocando un elevado grao de motivación, a activación de zonas cerebrais en ambos os dous grupos era moi diferente, tanto na súa localización coma na intensidade que aparecía na RMf, tal como se mostra na figura, onde se aprecia o cerebro dun individuo con alto nivel de motivación e cunha alta actividade en todas as estruturas cerebrais (incremento das cores amarela e vermella).