Top

MTBVAC: viaxe á inmunidade

MTBVAC: viaxe á inmunidade

Sabes que mentres les isto, morrerán 4 persoas a causa da Tuberculose? Roy, un inmigrante africano que cree estar enfermo de Tuberculose, visita ao grupo de investigación de Xenética de Micobacterias da Facultade de Medicina, que dirixe o catedrático Carlos Martín, onde lle explicarán que a vacina tradicional (BCG) é case centenaria e non resultou de todo eficaz. Por iso, este grupo de científicos desenvolveron unha nova vacina chamada MTBVACRoy descobre que esta nova vacina superou os primeiros ensaios en humanos e grazas a estes científicos o final da tuberculose, que aínda se cobra a vida de case un millón e medio de persoas cada ano, pode estar máis preto.

Na Universidade de Zaragoza, o equipo de Carlos Martín leva traballando máis de 15 anos no deseño dunha nova vacina que poida substituír a BCG. Os científicos identificaron xenes de Mycobacterium tuberculosis, a bacteria que causa a enfermidade, responsables en boa medida da virulencia desta bacteria. Este equipo eliminou dous destes xenes mediante técnicas de enxeñaría xenética, resultando nunha bacteria incapaz de provocar a infección pero con excelentes propiedades como vacina.

A vacina chamada MTBVAC, foi patentada en varios países e xa se probou en humanos (fase clínica I). Actualmente prodúcese en viais clínicos pola empresa Biofabri. O documental foi elaborado por investigadores do Laboratorio de Micobacterias: Jesús Gonzalo Asensio, Esther Broset Blasco e Carlos Lampreave Carrillo.