Top

Nacimos para morir

Nacimos para morir

Todo ser vivo nace con data de caducidade. O simple feito de vivir rodeado de condicionantes adversos, axiliza a chegada dunha morte, ás veces prematura, ás veces merecida. A aparición de microorganismos provocaron o falecemento do aroma, o sabor e mesmo a cor da nosa protagonista. E é que este é un mundo aínda sen pisar, non son ovos nin pescado; aínda que convivimos día a día con ela: a froita. A pesar da súa cotianidade, soa raro oír falar da biotecnoloxía.
Os patóxenos oportunistas viven da descomposición. Pero ao igual que todo ser humano, os pasos posteriores son: a invasión, a infección, a colonización e a conseguinte reprodución. Así ata aniquilar todo o que, para un mesmo, é diferente; é dicir, malo. E non importa se é negro ou laranxa, non importa a súa resistencia natural ou se rexenera tecidos máis rapidamente: ao final, abrandámonos e deixamos pasar a nai morte.