Top

Natrix alimentándose

Natrix alimentándose

Durante unhas mostraxes cualitativas para avaliar a biodiversidade da zona, encontrámonos con esta singular escena, unha Natrix maura (cobra viperina) tragando unha lagarta. Non é habitual poder filmar estes animais coa comodidade coa que o fixemos. Aínda que as Natrix (N. maura e N. natrix) son habitantes habituais en zonas húmidas de Galicia, son bastante fuxidías, en canto detectan a presenza humana adoitan fuxir cara á masa de auga da que nunca se afastan demasiado; unha vez na auga desaparecen rapidamente grazas aos seus dotes para a natación. Estas serpes da familia colubridae a pesar de posuír veleno son completamente inofensivas para o Home, xa que non dispoñen de cairos nin dentes acanalados cos que inxectar a toxina, non obstante se se manipula córrese o risco de ser impregnado cunha substancia pestilente procedente da súa cloaca. A súa dieta componse principalmente de organismos poiquilotermos (de sangue frío) como: insectos, peixes, anfibios e, como neste caso, pequenos réptiles.